Thursday 31 de October de 2024

O PP de Culleredo acusa a José Ramón Riobó de perder unha nova oportunidade para a Cros


PARA A CROS.
 Denuncian que o Goberno Municipal dá novas mostras de improvisaciónencargando “a ultimísima hora” informes sen cualificación xurídica, realizados en apenasunha semana, cando “estiveron anunciando este proxecto máis de 4 anos”.

 O Grupo Municipal Popular considera indispensable a solicitude dun informe áXunta Consultiva de Urbanismo de Galicia, para así “garantir que o patrimonio dosveciños de Culleredo quede totalmente protexido”.

No pleno extraordinario para efectuar o cambio do usodotacional das parcelas da Cros para a implantación dun Centro de Economía Circular por parte do CETIM, o Grupo Municipal Popular mostrou o seu apoio ao proxecto en si pero non da maneira na que o expuxo o goberno municipal.

Os informes non entran no verdadeiramente importante, baixo que condicións e a través de queprocedemento pódense realizar actividades privadas en chan público?

A principal preocupación dos populares é “que non se cometa unha fraude de lei e que se protexa o patrimonio de todos os veciños. Que non se volvan a dar casos de todos coñecidoscomo a Garrocha ou o CLT de Ledoño, verdadeiras chapuzas de cesión de bens municipaissen o máis mínimo control”, sinala o seu portavoz municipal, Izaskun García.

Así mesmo, a líder popular, advirte que no informe da técnico de urbanismo especifícaseque o cambio de uso das parcelas “é posible sempre que se manteña a súa titularidade e o seu uso público”, pero o informe non ditamina se se cumpre ou non esta condición.

Os populares propuxeron solicitar un informe á Xunta Consultiva de Urbanismo de Galicia, “que nos especifique se a actividade privada do CETIM pode levar a cabo en parcelas dotacionais públicas, que uso dotacional tería, se se require dun cambio de ordenanza ou simple acordo plenario, #etc… como se pode comprobar, quedan aínda numerosos flocos soltos”, advirten.
“Hai que deixalo todo atado e ben atado, máxime cando coñecemos o modus operandi do señor Rioboo, con cero xestiones durante os seus 4 anos de maioría absoluta. E agora que se ve apremado polo CETIM, encarga informes de présa e correndo e envorca de novo toda a responsabilidade na oposición, un todo ou nada inaceptable”, recalcan desde o Partido Popular.
“Por último reiterar”, indican desde o PP cullerdense, “que seguimos sen ser convocados á Comisión do PXOM. Non nos cansaremos de esixirlle ao señor Rioboo que nos convoque inmediatamente para aprobar unha novo PXOM, xa non sabemos como cualificar o seu deixamento e total neglixencia”.